viernes, enero 02, 2009

Novo éxito da Coral Polifónica de Entenza

A Coral Polifónica de Enteza (Salceda) acadou un novo éxito este nadal. Despois de pasar a final do concurso de panxoliñas de Caixanova, acaba de gañar o primeiro premio do concurso de panxoliñas celebrado o pasado domingo día 28 na catedral de Tui, ante numeroso público. O segundo clasificado foi Agrupación Coral do Rosal e o terceiro premio para a Coral San Mamede de Zamans (Vigo).

No hay comentarios: