domingo, mayo 17, 2009

Milleiros de galegos enchen as rúas de Santiago en defensa da lingua

Decenas de miles de galegos ateigaron este domingo as rúas de Santiago para sair en defensa do galego e esixir que a Xunta non dé un só paso atrás na súa promoción. Pese a que as condicións meteorolóxicas non eran as mellores, e a choiva acompañou aos manifestantes durante boa parte do percorrido, persoas chegadas de toda Galicia ateigaron as rúas por onde transcorreu a manifestación, e deixaron pequena a Praza da Quintana onde se leu o manifesto en defensa da lingua. E como unha imaxe vale máis que mil palabras eiquí tedes este vídeo da Praza da Quintana no momento da lectura do manifesto coa voz de Mercedes Peón.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu estiven alí e levei os meus fillos. O vir de volta o maior que esta no instituto díxome, "Agardo que viran isto os da miña clase, e si non o viron magoa por eles, a min valeume para saber que non estamos sos, e que paga a pena nadar contra corrente". Eu boteille un sorriso polo retrovisor, apretei as mans contra o volante, e igual que estou a facer agora intentei que non se me escaparan as bagoas. Na súa clase en 3º ESO so el e outra rapaza falan habitualmente en galego.