martes, enero 29, 2013

Muiños de Paredes no Monte Aloia

O mal tempo tamén ten cousas boas como pode ser observar paisaxes coñecidas, en circunstancias pouco habituais, como é o caso do río Deique no Monte Aloia que baixa cheo de auga formando fermosas fervenzas cun son, que por desgraza non se pode plasmar nas fotografías. Esta é unha primeira serie de fotos sobre o Monte Aloia, tomadas nos Muiños de Paredes na parroquia de Rebordáns en Tui.

domingo, enero 20, 2013

Efectos da cicloxénesis Gong ao seu paso por Caldelas

Estes son os restos que deixou a cicloxénesis Gong ao seu paso por Caldelas (Tui). O nivel do río xa baixou bastante con respecto a onte.